Wednesday 01 de May de 2024

Ata o día 30 de marzo, para presenta-los microrrelatos ó concurso Igualdade, conta comigo!


As actividades deseñadas arredor do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, continúan en marcha na Pobra do Caramiñal. A Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), lanzou unha ampla programación cunha especial énfase nos eidos educativo e social.

A segunda edición do concurso Igualdade, conta comigo! marca a compoñente literaria. Trátase dun certame de microrrelatos orientado á poboación adolescente e adulta para fomentar uns valores baseados na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e eliminar comportamentos e actitudes que manteñen os estereotipos de xénero. Repartirá 600 euros en premios e o prazo de presentación mantense aberto ata o día 30 de marzo. Preténdese así impulsar un exercicio de reflexión, sensibilización e difusión.

As bases están ó dispor en www.apobra.gal.